9.5.06
O goberno esconde a súa mala xestión con artificios contables

O venres 5 de maio, o PP de Carballo denuncia en nota de prensa a forma que o goberno local ten de camuflar a súa mala xestión económica:
O GOVERNO LOCAL RECURRE A ARTIFICIOS CONTABLES PARA ESCONDER A SÚA INSOLVENCIA NA XESTIÓN
Carballo, venres, 5 de Maio de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar o descontrol evidenciado polo governo municipal en relación ca aprobación do recoñecemento extraxudicial correspondente ó ano pasado.
O PP ten constancia documental de que hai catro facturas de desbroce, por un importe de preto de 24.000 euros, correspondentes ás parroquias de Rebordelos, Lema, Vilela e Noicela, que se emitiron inicialmente con data de setembro do ano pasado, e anuláronse a finais de 2005 para volver a ser incluidas de novo no 2006.
De acordo coa Lei de Facendas Locais, estas catro facturas terían que terse incluido no recoñecemento extraxudicial do 2005, aprobado no último Pleno. Sen embargo, non se fixo, o que pon de manifesto, unha vez máis, que o equipo de governo municipal recurre, de xeito reiterado, a artificios contables para esconde-la súa insolvencia na xestión.

O máis preocupante é que, o acontecido con estas catro facturas de desbroce, é extensible a outras relacionadas con diversos traballos. Esta circunstancia pon de manifesto o descrédito do governo local á hora de afrontar con garantías e rigor a súa labor de xestión, ó tempo que demostra a inveracidade do alcalde cando decía que se reduciran as facturas impagadas.