9.5.06

 

O goberno cambia as direccións das rúas sen falar cos veciños


O 4 de maio de 2006, o Partido Popular de Carballo emite unha nova nota de prensa:

Non se lles facilitou ningún tipo de información sobre a medida

O PP DENUNCIA QUE O CONCELLO NON INFORMA ÓS VECIÑOS DO IGLESARIO DOS CAMBIOS DE DIRECCIÓN NAS RÚAS

Carballo, xoves, 4 de Maio de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar e, ó mesmo tempo, facerse eco da preocupación de moitos veciños e comerciantes da zona do Iglesario, que lamentan que o concello non lles teña facilitado ningún tipo de información sobre a imprantación da dirección única en cinco rúas.

Non é de recibo que o concello adopte unha decisión desa natureza sen consultar ós veciños e sen facilitarlles información. É lamentable que teñan que enterarse a través dos medios de comunicación dunha decisión que lles afecta de xeito especial.

A reforma en concreto, segundo denuncian os veciños, afectará as rúas Mahón, Río Ulla, Rio Xallas, Río Eume e Río Tambre.

O concello actúa de xeito unilateral, sen consultar ós veciños, sen facilitarlles información. Polo tanto, é normal e lóxico que éstos se sintan perxudicados por unha actitude que só se pode calificar de incomprensible e pouco transparente.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?