4.5.06

 

O alcalde impide ó PP expoñer a súa postura no pleno


O 25 de abril o Partido Popular de Carballo denuncia o comportamento autoritario de Evencio Ferrero no pleno do día anterior:
A aprobación do recoñecemento extraxudicial de 2005 é outra evidencia máis do descontrol que caracteriza ó governo local

O ALCALDE NEGA Ó PP A POSIBILIDADE DE DEFENDE-LOS SEUS ARGUMENTOS NO PLENO

Carballo, martes, 25 de Abril de 2006.- O PP quere denuncia-la actitude abertamente autoritaria do alcalde, que se puxo especialmente de manifesto durante o pleno de onte, cando chegou o momento de aproba-lo recoñecemento extraxudicial de créditos do ano pasado.

O alcalde, nunha actitude impropia dun representante democrático, ó quedar en evidencia as súas irregularidades presupostarias, acolleuse ó regulamento para impedir que o PP desenvolvera os seus argumentos en relación co asunto que se trataba.

O recoñecemento extraxudicial de créditos de 2005 deixa en evidencia o descontrol e a mala xestión que preside a acción do governo municipal. Hai moitas máis facturas das que se inclúen no recoñecemento extraxudicial, que se están a pagar por outras vías. De ahí que a cantidade que figura no recoñecemento sexa ficticia.

Hai, por exemplo, varias facturas por importe de 24.000 euros para desbroce que deberían engadirse ó recoñecemento extraxudicial. Sen embargo, non se fixo. O mesmo ocorre con outras moitas facturas de bacheos, traballos de pala, etc.. O goberno emplea artificios contables para esconder a súa insolvencia na xestión.

Todo isto só contribúe a aumenta-lo descrédito dun governo local que ten no descontrol e a falta de rigor as súas principais sinais de identidade.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?