4.5.06

 

Continúa o caos no goberno local


O día 21 de abril o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:
O PP DE CARBALLO DENUNCIA A DESCOORDINACIÓN QUE PRESIDE O GOVERNO LOCAL

Carballo, venres, 21 de Abril de 2006.- O Partido Popular quere chama-la atención sobre o feito de que, tra-la última reunión do comité xeral do CDI de Carballo, o que se pon de manifesto é que, o nivel de discrepancia e descoordinación entre os socios do governo local é tan grande, que xa se piden explicacións públicas entre eles a través da prensa.

A súa actitude induce a pensar que esto é o sálvese quen poida. Cada grupo dos que integran o governo local está máis preocupado de perfilar a súa estratexia de cara ás vindeiras eleccións municipais que de traballar por Carballo.

Co paso do tempo póñense en evidencia e chégase á conclusión de que non existe nada do que estaban vendendo. O exemplo máis evidente desta dinámica pódese comprobar nos últimos plenos, onde, ou simplemente non se celebrou pleno por non haber asuntos que tratar, ou só se incluiron asuntos de trámite.

Os principais perxudicados por esta preocupante parálisis municipal son os cidadáns de Carballo, que teñen todo o dereito a esixir unha xestión de governo seria e eficaz que agora, desgraciadamente, non se ve por nengún sitio.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?