15.5.06
A conselleira confirma un retraso de 2 anos no corredor a Cee

O día 10 de maio de 2006 o Grupo Popular do Parlamento de Galicia emite a seguinte nota de prensa:
Confírmase o retraso na entrada en servizo desta vía
POLÍTICA TERRITORIAL EVITA COMPROMETER PRAZOS E ORZAMENTO PARA A VÍA DE ALTA CAPACIDADE CARBALLO-CEE
· O Grupo Popular enmarca o retraso na execución desa obra no castigo que o bipartito está a impoñer á Costa da Morte, como demostra a decisión de privar a Cee da rede de gas e da Delegación de Facenda, as trabas á piscifactoría en Touriñán, a anulación do centro de repoboación de especies mariñas e a paralización do Parador de Muxía
· A intervención de María José Caride confirmou que a paralización dos trámites obedece á política revisionista do bipartito, que se traducirá nun retraso mínimo de 2 anos para esa infraestructura
Santiago, 10 de maio de 2006.- A conselleira de Política Territorial evitou hoxe concretar calquera compromiso da Xunta en relación cos prazos de execución ou coa programación orzamentaria plurianual da vía de alta capacidade Carballo-Cee. Ao responder a unha pregunta do deputado popular Alberto Sueiro, na que este se interesaba polas razóns do retraso de polo menos dous anos co que vai entrar en servizo a nova vía, María José Caride limitouse a criticar a xestión do anterior Executivo galego, o que demostra que esa decisión obedece unicamente ao espírito revisionista do bipartito, empeñado nunha estratexia de paralización de todos os proxectos deseñados na pasada lexislatura.
Alberto Sueiro recordou que o anterior Executivo galego do PPdeG deixou listos todos os trámites relacionados con esta vía de alta capacidade, de xeito que o novo Goberno xa podería ter licitado o proxecto no pasado mes de setembro, para que a nova infraestrutura entrase en servizo a finais de 2008.
SEN CONCRETAR DATAS NIN ORZAMENTO
Sen embargo, o departamento que dirixe María José Caride preferiu retrasar todos os trámites e, a día de hoxe, continúa sen aclarar as datas de inicio e de remate das obras, escudándose en que están a desenvolver estudos técnicos sobre o trazado. Deste xeito, a construción da VAC, segundo cálculos do PPdeG, non rematará, no mellor dos casos, ata o ano 2011.
O retraso confirmado hoxe no Parlamento pola consellería de Política Territorial para a entrada en servizo da vía de alta capacidade Carballo-Cee enmárcase, en opinión do PPdeG, no castigo que o bipartito está a impoñer á Costa da Morte, e ao que hai que sumar a decisión de privar a Cee da rede de gas e da Delegación de Facenda, a paralización da piscifactoría prevista por Pescanova en CaboTouriñán, a anulación do centro de repoboación de especies mariñas que se ía construír en Muxía ou a paralización dos trámites encamiñados a dotar a esa mesma localidade dun Parador de Turismo.
Esta sucesión de incumprimentos da Xunta coa comarca da Costa da Morte permite constatar, a xuízo de Alberto Sueiro, que á marea negra do Prestige que afectou á comarca sucédea agora a Marea Vermella do Goberno bipartito, que ameaza con paralizar todos os proxectos de desenvolvemento que foron deseñados ou postos en marcha nos últimos anos.
PROMESAS QUE SE ESVAECEN
Nunha intervención repleta de ironía, Alberto Sueiro comparou á actitude da conselleira de Política territorial con algunhas avoas de antano que, ao regresar da feira, consolaban aos netos dicíndolle: “ivacho traer, ivacho traer, pero non cho trouxen”. “O certo é que en Carballo e na Costa da Morte estamos fartos das promesas, e os feitos cada día son mais desalentadores. En soio nove meses foron capaces de incumplir todas as ofertas dos seus discursos de oposición de 15 anos” agregou Sueiro Pastoriza.