4.5.06
BNG e PSOE mentiron ós bergantiñáns coa peaxe da autovía

O día 28 de abril de 2006, o deputado autonómico e voceiro o PP de Carballo, Alberto Sueiro, expón a súa opinión sobre a peaxe da autovía A-55:
O deputado autonómico do PP cree que durante anos estiveron reclamando a súa eliminación sen ningún tipo de cálculo nin fundamento
ALBERTO SUEIRO CREE QUE A ELIMINACIÓN DA PEAXE NUNCA FOI UNHA PRIORIDADE PARA O BIPARTITO.
Carballo, venres, 28 de Abril de 2006.- O deputado autonómico do PP, Alberto Sueiro Pastoriza, recalcou, nunhas declaracións feitas esta maña, que non é serio nin de recibo que o propio presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, esgrima cada día unhas cifras diferentes en relación ca supresión da peaxe da AG-55.
Primeiro –engadíu o parlamentario autonómico- Touriño falou de 400 millóns de euros e, agora, sorprende a todos dicindo na prensa que o custo da supresión da peaxe sería de 600 millóns.
Alberto Sueiro puntualizou tamén que o custo da eliminación da peaxe non é novo nin apareceu agora. Hai que lembrar, nese senso, que fai menos dun ano que Emilio Pérez Touriño comprometeuse a eliminalo.
O deputado autonómico do Partido Popular considera igualmente que todo este baile de cifras pon de manifesto que as súas promesas non tiñan ningunha base e que durante anos estiveron pedindo a eliminación da peaxe sen nengún fundamento. Isto tamén evidencia que non había nengún cálculo feito nin nengún plan para a supresión da peaxe. A postura que agora amosa o presidente do goberno bipartito non é compatible co seu discurso dos últimos dez anos.
Alberto Sueiro fixo ademáis fincapé en que os bergantiñáns están asistindo atónitos ó espectáculo deste governo onde cada un dí o que lle parece. A estas alturas, naide ten claro se a eliminación das peaxes de Arteixo e Carballo é inviable como di o PSOE o irrenunciable como di o BNG.
O deputado popular asegura finalmente que as decisións do Governo de Galicia son únicas e, polo tanto, comprometen a todos, e non é de recibo que o BNG queira excluirse daquelas decisións que non lle conveñen e só se apunte ás fotos. A súa participación no governo de Touriño faino corresponsable das súas decisións. Non se pode ser governo e pretender ser tamén oposición.