4.5.06

 

Balance do primeiro ano de NNXX Carballo


As Novas Xeracións do PP de Carballo cumpren un ano oficialmente o día 30 de abri, e con tal motivo emítese o seguinte balance en nota de prensa o día 29:
NOVAS XERACIÓNS DE CARBALLO FAI BALANDE DO SEU PRIMEIRO ANIVERSARIO E ORGANIZA MAÑÁ UNHA CENA PARA CELEBRALO

Carballo, venres, 28 de Abril de 2006.- Novas Xeracións de Carballo, coincidindo ca celebración do seu primeiro aniversario, celebra mañá, sábado, unha cea no restaurante “Náutico” de Razo, á que está prevista á asistencia de preto de duascentas cincuenta persoas. A cena dará comenzo ás 10 da noite.

Á cena está confirmada a asistencia de diversos cargos provinciais do partido, entre eles, o presidente provincial do PP, Juan Juncal; o deputado Carlos Negreira; o presidente autonómico de Novas Xeracións e deputado Diego Calvo; e o presidente provincial de NN.XX. Gonzalo Mora.

Novas Xeracións de Carballo leva desenvolvido unha intensa actividade dende que se fundou fai un ano. Nese período de tempo afiliáronse ó colectivo 165 persoas.

Entre outras moitas actividades NN. XX. de Carballo ten organizado unha campaña, destinada ós máis novos, para o acceso á vivenda, ademais da presentación das súas propias propostas; tamén se organizaron diversos actos para denunciar o incumprimento do carril-bici a Razo, a situación dos accesos ás praias de Baldaio, ou o abandono municipal en materia de limpeza, locales culturais ou deportes, así como e a campaña de recollida de sinaturas a favor do referéndum sobre o Estatuto catalán. Ademais, teñen posto en funcionamento a súa propia páxina web.

Novas Xeracións de Carballo, por expreso encargo da dirección provincial do partido, pretende agora facer extensible o seu proxecto ás localidades de Malpica, Laxe, entre outros concellos da bisbarra.

Os membros de NN.XX de Carballo están moi satisfeitos polo cumprimento de moitos dos obxectivos que se fixaron dende o momento mesmo da súa fundación, entre eles, o ter conquerido unha organización estable, cun elevado número de afiliados; unha estructura definida; e un programa continuo de iniciativas e actividades, que “nos ten convertido na organización xuvenil máis activa da nosa bisbarra”





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?