10.4.06
Sueiro reclama o mesmo trato para Bergantiños que para o Morrazo

O gabinete de prensa do PP de Carballo emite a seguinte nota con data 7 de abril de 2006:
O deputado autonómico do PP lembra as promesas do BNG e do PSOE en relación ca supresión da peaxe na AG-55
ALBERTO SUEIRO RECLAMA PARA BERGANTIÑOS O MESMO TRATO QUE SE LLE DISPENSA Ó MORRAZO
Carballo, venres, 7 de Abril de 2006.- O deputado autonómico do PP Alberto Sueiro Pastoriza, nunhas declaracions feitas esta mañá, considera que, posto que o actual Governo da Xunta modificou o modelo de financiación das autopistas ó libera-la peaxe, deben ser tódo-los usuarios, sen excepción, os beneficiarios desa iniciativa, en referencia á posibilidade de suprimi-la peaxe da AG-55.
Para Bergantiños e, en concreto, para Arteixo, Laracha e Carballo –engadíu o deputado popular- danse as mesmas circunstancias que para o Morrazo, é dicir, nós tampouco temos vía alternativa e para nós a AG-55 supón a vía principal de acceso a toda a área metropolitana da Coruña. Polo tanto, é necesario e xusto que se aplique para nós o mesmo criterio que no caso da península do Morrazo.
Alberto Sueiro lembrou que hai unha promesa electoral, feita polo BNG e polo PSOE, de elimina-la peaxe da AG-55. E, nese senso, puntualizou que ambas formacións políticas non deben modifica-las súas esixencias reivindicativas en función de se se atopan no poder ou na oposición.
Finalmente, o parlamentario autonómico do PP lamentou que o alcalde de Carballo non teña contado con tóda-las forzas políticas do municipio para fortalecer calquer reinvindicación que se formule ante o Governo da Xunta.