19.4.06

 

Paralizan o paseo fluvial logo de demoler un edificio e talar árbores


O día 15 de abril de 2006, o gabinete de comunicación do PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:

A pesar das continuas denuncias do PP en relación ó paseo fluvial do Anllóns, o certo é que as obras seguen paradas

O PP INTERPELA Ó GOVERNO LOCAL ACERCA DE CANDO ESTARÁ REMATADO O PASEO FLUVIAL E EN QUÉ CONDICIÓNS

Carballo, sábado, 15 de Abril de 2006.- O Partido Popular de Carballo quere expresa-la súa fonda preocupación polo feito de que as obras do paseo fluvial do río Anllóns levan máis de tres meses paradas. Ademáis, quere denunciar tamén que o proxecto foi adxudicado finalmente a unha empresa, por parte do governo municipal, por un presuposto moi inferior -500.000 euros- ó que o PP propoñía, que era de 1.055.000 euros.

O governo municipal ordeou tamén a demolición do edificio en ruinas existente na rúa Castiñeira, rexeitando a proposta do Partido Popular, que era partidario de rehabilitalo como edificio multiusos con fins sociais.

O PP de Carballo quere chamar tamén a atención sobre o feito de que a tala de árbores no entorno ocasionará un serio perxuicio ecolóxico.

Hai que lembrar que o PP deixou elaborado un proxecto medioambiental moi ambicioso, xunto co da férveda de entrecruces, que ahora lamentablemente o governo local non ten en conta para nada.

Ademáis da rehabilitación do edificio mencionado anteriormente, as obras que propoñía o PP de Carballo eran o desbroce e limpeza da área de servidumbre e da ribeira do río nos dous marxes, nunha lonxitude de 1.500 metros; a explanación, recheo e nivelación dos terreos nos que se emplazaba o paseo fluvial; ou a limpeza, reparación e construcción de novas acequias e canalizacións.

Propoñía igualmentea reconstrucción das pasarelas e pontellas peatonais; a demolición dunha ponte en mal estado e a construcción dun novo de hormigón prefabricado na Barreira; e a execución de tres pasarelas peatonais en madeira para permiti-lo cruce de peatóns e vehículos de pouco tonelaxe.

Tamén contemplaba o proxecto do PP de Carballo a plantación de céspede e prantas autóctonas; a instalación de mobiliario; de diverso equipamento deportivo ou de ocio; e a execución dun pequeño anfiteatro no extremo do paseo, na parcela correspondiente á vella depuradora municipal, a fin de habilitar un espacio de lecer que permita a celebración de pequenos actos.

Rampa de acceso

O PP incluía ademáis no seu proxecto a construcción dunha rampa de acceso para vehículos e peatóns e unhas escaleiras para permiti-lo acceso dende a ponte da Milagrosa; e a execución de dous pasos de madeira lonxitudinais para permiti-lo paso do sendeiro sobre os cursos de auga afluentes ó Anllóns.

Pois ben, o único que fixo o alcalde e os seus socios foi rebaixar á metade o importe do presuposto da obra; recortar a metade do paseo fluvial; suprimir algunhas das nosas pasarelas peatonais; suprimi-la construcción do pequeño anfiteatro e do edificio multiusos e retrasa-la obra dous anos e medio. En definitiva, perxudicar ós carballeses.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN
Nestas dúas fotos pódese comparar a situación do río antes e despois da tala de árbores:





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?