5.4.06

 

O PP solicita aclarar o cobro ilegal de taxas na Milagrosa


Juan Carlos Castro Pombo, viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Carballo, presentou o día 4 de abril o seguinte escrito no Concello:


Ó SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CARBALLO

JUAN CARLOS CASTRO POMBO, viceportavoz do Grupo Municipal do PartidoPopular, ante S.Sª. comparece e DI:

Diante das manifestacións do Sr. Alcalde deste Concello, D. EvencioFerrero Rodríguez, publicadas na prensa do pasado domingo, onderecoñece expresamente a ilegalidade manifesta de que, polo anteriorconcesionario, se estean cobrando taxas no Campo da Feira de Carballo,como queira que descoñecemos formalmente se esa persoa ten carácter defuncionario, así como outros extremos, SOLICITAMOS CERTIFICACIÓN enrelación cos siguientes extremos:

1- Nome do concesionario do Mercado do Campo da Feira, e en qué datalle foi notificada a finalización (rescate) da concesión.
2- Unha vez finalizada a concesión, desde qué data está cobrando esapersoa as taxas no Mercado do Campo da Feira.
3- Relación (no seu caso), de ingresos efectuados dende esa data poresa persoa na tesourería municipal, con expresión de data e importe decada ingreso efectuado. Ou, en caso de que non efectuara ningúningreso, que así se faga constar.
4- Vínculo contractual existente entre o cobrador e o CONCELLO deCarballo, no período en que estivo cobrando, desde que rematou aconcesión. En caso de que non exista outra xustificación documental,que se especifique qué persoa (cargo político) autorizou o cobro desastaxas por ese cobrador, e se existe algún documento que o acredite.
5- Tendo en conta que, segundo o disposto polos artigos 162 da LeiXeral Tributaria, e 8, 10 e concordantes do Regulamento Xeral deRecadación só "os funcionarios que desempeñen tareas de recaudación"están habilitados para cobrar tributos (e as taxas son tributos), ¿éfuncionario a persoa que está cobrando esas taxas? ¿Conta con algunha habilitación legal que lle permita, a día de hoxe, seguir cobrandoesas taxas?
6- Como quiera que esta situación era coñecida polos membros dogoberno (nomeadamente, o Sr. Alcalde, o concelleiros de Facenda e oConcelleiro de Feiras e Merdados, ¿eran tamén coñecedores os servicios municipais de Recadación, Tesourería, Interventición e Secretaría de que estes cobros se estaban producindo?

Polo exposto, en ejercicio do dereito e deber de oposición que competeó noso grupo municipal,

SOLICITO a S.Sª. se sirva expedir, á mayor brevidade posible,certificación relativa ós aludidos extremos.

Carballo, 4 de abril de 2006





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?