10.4.06

 

O PP aclara a situación legal do xerente do Patronato


Con data 5 de abril de 2006, o PP de Carballo emite a seguinte nota para aclarar a situación legal do xerente do Patronato Deportivo Municipal:


En relación co artigo publicado no Buzón do Lector o pasado domingo, firmado por D. Gabriel Pérez Suárez, o Grupo Municipal do Partido Popular quere facer as seguintes aclaracións, posto que no memo se vertían unhas opinións que non se corresponden coa realidade.

1- Queremos darlle ás gracias ó Sr. Pérez por indicarnos cómo debemos exercer o noso dereito a facer oposición. Os consellos benintencionados, como este, nunca se agradecen o suficiente.
2- En canto á situación do xerente do Patronato Deportivo Municipal, queremos aclarar o seguinte:

A Lei 57/2003, de 16 de decembro, modificou o artigo 85 da Lei 7/85, de Bases de Réxime Local (LBRL), establecendo como requisito que o titular de organismos autónomos locais (como é o Patronato Deportivo Municipal) deberá ser titulado superior. A indicada Lei entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2004, dando un plazo de 6 meses ós Concellos para adaptar os estatutos ó novo réxime xurídico establecido no artigo 85 da LBRL.

O actual xerente do Patronato Deportivo Municipal foi nomeado en 1984, e non é titulado superior, porque naquel momento non se esixía esa titulación.

A situación legal do actual xerente do Patronato foi válida, por tanto, ata o 1 de xullo de 2004, momento en que deixou de estar amparada pola legalidade ó esixirse a titulación superior para desempeñar tal cargo. Xa que logo, o PP non ten responsabilidade algunha na situación actual do xerente. Era legal cando gobernaba oPP, porque a lei o permitía. Non é axustada á lei desde o 1 de xullo de 2004, cando a responsabilidade de goberno lle competía a outros.

A Lei 57/2003 non contén ningún ningún tipo de Disposición Transitoria que contemple as situacións anteriores á súa entrada en vigor. Xa que logo, esa Lei é aplicable a tódalas situacións, tanto anteriores como posteriores.

O goberno municipal pretendiu adaptar os Estatutos do Patronato Deportivo á Lei establecendo unha Disposición Transitoria que entendemos ilegal, xa que, a noso xuizo con un descaro pasmoso, di: "Os requisitos esixidos no artigo 85 bis.1.b da Lei 7/1985, non serán esixibles a quen viñese desempeñando funcións directivas con anterioridade á entrada en vigor da Lei 57/2003". É decir: os Estatutos do Patronato veñen a decir que non se aplicará en Carballo o artigo 85 bis.1.b da LBRL. O que resulta patentemente ilegal, xa que os Estatutos non poden conter disposicións contrarias a normas legais imperativsa como son a Lei 57/2003 e a Lei 7/85.

O PP non pretende que se despida ó xerente do Patronato. É máis, foi o alcalde o que se referiu a esa persoa no Pleno, non o PP. Caben solucións amparadas na Lei para que ese profesional, que merece tódolos nosos respetos, conserve o seu traballo e as súas retribucións. Pero o xerente so Patronato é un cargo reservado, por Lei, a persoas con titulación superior.

Pódese argumentar que o Secretario Municipal avalou a "solución" do goberno municipal. Non é certo. Non existe informe do Secretario Municipal ó respecto. O informe do Secretario non era preceptivo neste asunto, e o alcalde, quen legalmente está capacitado para pedirllo, non quixo pedirllo. Por algo será.

Consideramos que non hai outra solución que cumplir a Lei. Non se pode arreglar unha ilegalidade con outra ilegalidade maior. Eso, ó noso xuizo, é o que fixo o goberno municipal.

Ainda que non descartamos acudir a outras vías, o PP é un grupo político que actúa na vía política, non na vía xudicial. Se actuaramos na vía xudicial ante todas as ilegalidades que ven cometendo este goberno, non sairíamos dos xulgados.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?