19.4.06

 

O alcalde recoñece agora que ampara o cobro ilegal de taxas, despois de telo negado


O día 18 de abril o Gabinete de Comunicación do PP de Carballo emite unha nova nota de prensa en relación ó cobro de taxas na feira da Milagrosa:

O cobro das taxas da feira faise sen nengún tipo de control

O PP CONSIDERA ESCANDALOSO QUE O ALCALDE RECOÑEZA E AMPARE UNHA ILEGALIDADE MANIFESTA DESPOIS DE NEGALO

Carballo, martes, 18 de Abril de 2006.- O Partido Popular de Carballo considera escandaloso que sexa o propio alcalde o que, en lugar de rectificar, recoñeza e ampare a ilegalidade manifesta que se produce, de xeito sistemático, en relación co cobro das taxas pola ubicación dos postos na feira da Milagrosa.

É insólito e inadmisible que uns governantes recoñezan, despóis de negalo, que estàn cometendo unha ilegalidade e a manteñan.

A postura do alcalde só pode calificarse de covardía política xa que, non só non da a cara, senón que escúdase no concelleiro de Facenda para tentar explica-lo que é inxustificable.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Facenda terían que asumi-lo descrédito que supón para eles como xestores o feito de acepta-la incompetencia para organiza-lo cobro dunha taxa, poñendo en dúbida a súa capacidade para xestiona-lo conxunto dos ingresos do concello.

Ademáis, hai que chama-la atención sobre o feito de que se están cobrando tasas municipais por un particular que non se ingresan nas arcas municipais.

A ineficacia e o desastre que supón a xestión do governo municipal queda en evidencia cando, lonxe de asumir responsabilidades, trata de eludilas culpando de obstruccionismo ó Partido Popular. O certo é que nin o alcalde nin o concelleiro de Facenda deron nengún tipo de explicación convincente sobre unha situación que resulta inadmisible.

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?