19.4.06

 

O alcalde permite o cobro irregular de taxas na Milagrosa


O día 12 de abril de 2006 o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:


O COBRO DAS TASAS MUNICIPALES DA FEIRA DA MILAGROSA FAISE DE XEITO IRREGULAR SIN NINGUN CONTROL MUNICIPAL

Co coñecemento, e a autorizacion do Alcalde, estánse a cobrar tasas municipais por un particular sen nengunha vinculación legal co Concello, e sen que os cartos recadados se ingresen nas arcas municipais.


O Grupo municipal do PP de Carballo ten denunciado a irregularidade manifesta na xestión das tasas que se cobran os comerciantes ambulantes que asiten a feira da milagrosa.

Solicitadas por este grupo información por escrito sobre este particular, os servicios técnicos do concello confirmaron que dende o mes de xunio de 2005 non existe ningunha vinculación entre o Concello e o “cobrador”.Que non se ingresaron no concello as tasas recadadas polo cobrador dende que non é concesionario municipal. E que non se presentaron nin pagaron, ata o dia de onte , ningun tipo de facturas para retribuir ese “presunto” servicio.

Esta situación, claramente irregular, é mais grave, si cabe, cando se comproba que é a mesma persoa a que agora cobra as tasas a quén o goberno municipal rescatoulle a concesión municipal porque non cumplia coas suas obrigas de pago do canón correspondente. E cando menos curioso que se rescinda un contrato por non pagar e nembergantes se permita que a mesma persoa siga facendo o mesmo con absoluta impunidade e con colaboración da forza pública.

O Alcalde de Carballo, sorprendido en outra irregularidade, mais outra vez voltou a mentir os carballeses para ocultar o desastre de xestión de este goberno e o absoluto descontrol na administración dos impostos de todos.

O Sr. Alcalde terá que aclarar onde van a parar todas as tasas cobradas dende o rescate da concesión, cales son e onde están as facturas que dixo que se lle pagan o “cobrador” e que medidas vai a tomar para controlar esta situación.

Este grupo exixe do Alcalde que, envolto outra vez en unha irregularidade, dé as explicacións oportunas. O que non ten ética nin moral é permitir que alguén se beneficie de xeito irregular dos cartos das tasas municipais.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?