5.4.06
Estanse a cobrar taxas ilegalmente no mercado da Milagrosa

O día 1 de abril de 2006, o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:
O PP DE CARBALLO QUERE DENUNCIAR QUE NO MERCADO DA MILAGROSA ESTÁNSE A COBRAR TAXAS DE XEITO IRREGULAR
Unha proba mais da ausencia total de rigor e control e da mala xestión que define as actuacións do goberno tripartito, é o feito de que, de xeito manifestamente irregular, se estean a cobrar taxas pola venda en ambulancia nos terreos de uso público do mercado da Milagrosa.
A Corporación municipal de Carballo, na sesión plenaria do 29 de decembro de 2004, acordou iniciar o expediente de resolución da concesión administrativa do servizo do Mercado de Gando de Carballo. Con posterioridade, na sesión plenaria do 30 de maio de 2005, declaróuse resolta a devandita concesión administrativa, debendo o concesionario deixar de presta-lo servicio ao dia seguinte a recepción da resolución tomada.
A pesares destes acordos, os comerciantes ambulantes no mercado dos domingos na zona da Milagrosa siguen pagando de xeito habitual unhas taxas a un cobrador, presuntamente municipal (que o fai acompañado dun membro da Policía Local), sen que exista ningunha autorización administrativa en vigor por parte do Concello para que se poida realizar esta función.
O Alcalde, coñecedor desta situación (o que quedou claro no último Pleno), está a permitir que un particular cobre cada domingo unha taxa, o que consideramos ilegal, xa que esa persoa deixou de ser concesionario hai máis dun ano. Non temos constancia de que o os cartos que pagan os asistentes a feira se ingresen nas arcas municipais. ¿Onde van a parar todos eses cartos? ¿Ante quén se rinden contas deses ingresos?
A realidade é que, en tanto existira a dita concesión, non se podía dispor dos terreos da feira do gando para a construcción da "casa dos oficios " (tal e como tiña denunciado o PP). Como compensación, unha vez "resolto" este atranco, voltaron a mirar cara outro lado.
As irregularidades neste asunto son mais que evidentes. O Sr. Ferrero terá que dar explicacións de que é o que está a pasar cos cartos deses vendedores ambulantes a quen se lle cobra de xeito ilegal. Terá que explicar canto se leva recaudado ata o de agora e tamén cal é a relación que existe entre o cobrador e o Concello e qué intereses hai ou qué falta de dilixencia se produciu para non ter evitado esta patente irregularidade.