10.4.06
Carballo... ¿limpo?
NNXX de Carballo fai pública o día 8 de abril de 2006 a seguinte nota de prensa: 

Os expedientes abertos non se están tramitando
NOVAS XERACIÓNS DENUNCIA QUE O GOBERNO LOCAL MINTE CANDO FALA DO ÉXITO DA CAMPAÑA DE LIMPEZA DE SOLARES
Carballo, sábado, 8 de Abril de 2006.- Novas Xeracións de Carballo quere denuncia-la gran cantidade de solares que existen no noso concello que non reúnen as mínimas condicións de seguridade, limpeza e ornato esixibles.
NNXX lamenta igualmente que sexa o propio concello o que, cando realiza unha obra pública, amontone o escombro e toda clase de lixo nun céntrico solar que fai esquina entre a avenida de Bergantiños e a rúa Alfredo Brañas. Nese senso, insta ó actual equipo de goberno a que dé exemplo ante os cidadáns e utilice o Punto Limpo ubicado no polígono de Bertoa, que foi un proxecto do Partido Popular.
Foi o Partido Popular, en Novembro de 2002, quen promoveu e aprobou a ordenanza de seguridade, salubridade, hixiene, limpeza e ornato de parcelas, solares e edificacións. Para elo, derogou a outra ordenanza que había anteriormente, aínda que haxa algúns que queiran atribuirse o mérito como unha das medidas de Carballo Limpo.
Tamén quere o PP de Carballo expresa-la súa fonda preocupación polo feito de que, antes de deixa-lo governo, quedaron moitos expedientes abertos sobre esta materia. A día de hoxe, esos expedientes seguen exactamente igual porque o Concello non aplicou as medidas necesarias para resolver un problema que xa está xeneralizado no noso entorno.
Os responsables do equipo municipal de governo xa aseguraban, en agosto de 2003, que a campaña de Carballo Limpo estaba en fase de diagnóstico mediante a xestión de residuos sólidos urbans, o cumprimento da ordenanza relativa ó peche de solares, etc. De feito, os propios responsables municipais chegaron a falar dun éxito “do 70 %” na aplicación da ordenanza. Sen embargo, o realmente certo é que a realidade dos feitos desminte, de xeito sistemático, as súas declaracións.
O preocupante estado en que se atopan moitos solares, ubicados no centro de Carballo, e que recollemos nun amplo anexo fotográfico, evidencia que as súas manifestacións son puramente propagandísticas.
Entre os numerosos casos que poderían citarse figuran, por exemplo, ademáis do solar mencionado anteriormente, e que o concello utiliza como escombreira municipal; outro solar en Doctor Fleming; no parque de San Martiño; en fronte do Pazo da Cultura; na Rúa Perú, etc.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN