12.3.06

 

Os presupostos poñen de manifesto a división do goberno


O día 11 de marzo o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:
OS PRESUPUESTOS POÑEN DE MANIFESTO A DIVISION DO GOBERNO.
A AUSENCIA DE PROXECTOS NOVOS E A FALTA DE TRANSPARENCIA DEFINEN ESTE PRESUPUESTO.


Os presupuestos son un documento para a galería, mais preocupado polo seu efecto nos medios de comunicación que polos verdadeiros problemas dos carballeses.

Non existe un proxecto definido, nin expresa unha dirección cara onde avanzar no futuro. Os orzamentos non expoñen ningunha idea clara de cal é o modelo de cidade que propón o goberno tripartito.

Os Ingresos aumentan para poder xustificar un nível de gasto que medra de xeito descontrolado. Os ingresos tributarios volven a medrar, ingnorando a experiencia dos dous anos anteriores, nos que a pesares do incremento da presión fiscal, non se cumpliron as previsións feitas polo goberno.

Ingresos presupuestados (05) = 17,12 M€. / Ingresos reais (05) = 15,8 M€
(fuente: Resumo da liquidacion.Orzamentos 06)

Ingresos presupuestados 06 = 19.4 M€


Incorporánse ingresos por axudas da Xunta de Galicia que nin siquer están pedidas oficialmente ata este momento. Según o tripartito, están concedidas por “conversacións políticas”.

O incremento do nivel de gasto corriente reflicte a ausencia de unha xestión rigurosa e eficiente, baseada en intereses de partido e na falta de transparencia.

Partidas coma publicidade e propaganda aumentan o 40 % .

Son uns ornamentos continuistas que deixan en evidencia a falta de proxecto común do groberno tripartito e consolidan o reparto dos cartos en función das cotas de poder de cada grupo.

As partidas para actividades de normalizacion lingüística son o doble dos de” promocion de feiras”, o doble dos de “promocion turística” ou 2.3 veces os de “gastos diversos xuventude”.

Non se dotan recursos para poñer solución os problemas dos carballeses: a seguridade cidadán, o desenvolvemento urbano ou o abastecemento e saneamento integral do Concello.

Os recursos para infraestructuras viarias redúcense no 90%
Os recursos para saneamento de agua redúcense no 84%


Desaparecen do plan de investimentos programas que no ano 2005 se consideraban “prioritarios pola gran demanda social” :

Os recursos para o Plan de desenvolvemento rural redúcense no 200%

O goberno non cumple ningunha das suas promesas:

O Sr. Alcalde mantén o soldo do Sr.Andrade, pese a prometer que cobraría soio ata chegar a idade de xubilación.
Destínanse 300.000 €, para o ano 2006, para a construcción do centro comercial da plaza, pese a que aseguraron que os carballeses non lle costaría nada.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?