26.3.06
O PP expón a súa postura en canto ó Regulamento de Participación Cidadá

O día 21 de marzo de 2006 o Partido Popular de Carballo fixo pública a seguinte nota de prensa:
En relación co Regulamento de Participación Cidadán que o goberno pretende levar ó próximo Pleno, gustaríanos expoñer a posición do Partido Popular.
1- En canto ós Consellos Parroquiais, a diferencia entre o PP e o goberno tripartito, estriba en que, mentres o goberno fala de "conselleiros parroquiais", o PP propón a denominación de "alcalde de barrio" por varios motivos. En primeiro lugar, porque este é o término que establece a Lei. En segundo lugar, por tradición histórica (esa denominación existe alomenos desde 1768). En terceiro lugar, porque é unha denominación totalmente asentada e asumida entre os veciños. En cuarto lugar, porque chamarlle "conselleiro" induce a confusión coas palabras "concelleiro" ou "conselleiro" da Xunta de Galicia.
2- O PP coincide cos demáis grupos en que os Consellos Parroquiais deben ser elexidos democráticamente entre os veciños. Non así o alcalde de barrio, por ser un delegado do alcalde. Por eso, salvando as distancias, da mesma forma que os Delegados do Goberno en cada Comunidade Autónoma son nomeados polo goberno central, tamén debe ser o Alcalde o que nomee ós alcaldes de barrio. En ambos casos se trata dun representante, neste caso do alcalde, que debe traballar en plena sintonía co goberno municipal, co fin de que exista a mellor coordinación posible e se eviten os enfrentamentos políticos, que neste ámbito parroquial non conducen a nada positivo. Para debatir, discutir e facer oposición, xa está o Salón de Plenos. Non nos parece positivo trasladar os enfrentamentos políticos ó ámbito da parroquia.
3- Outro punto -a noso xuizo moi importante- no que non existe acordo sobre o Regulamento entre o PP e os grupos que forman o goberno municipal, é o relativo a garantizar a participación da oposición nos medios de comunicación municipal, en particular na páxina web do Concello. O PP pide algo que nos parece de caixón: falando de participación, os primeiros que teñen dereito a participar son os lexítimos representantes dos cidadáns: os grupos municipais elexidos nas urnas. Por eso pedimos que tódolos grupos teñan un espazo propio nesa páxina, xestionado por cada grupo, en proporción ó resultado das últimas eleccións, xa que entendemos lóxico que a información que se transmita desde a web municipal reflicta a pluralidade, atendendo á verdadeira composición da Corporación Municipal, e garantindo a proporcionalidade. O goberno négase, pretendendo ter a exclusiva do uso da web, malia tratarse dun espazo público que pagamos todos. Esto só pode entenderse por un interés do goberno en manipular a información que se ofrece desde a web municipal.
Noutro orden de cousas, tamén queremos aclarar que o motivo de que onte se suspendese a reunión que a Comisión Especial de Seguridade iba a ter onte cos directores dos Institutos de Ensino Secundario de Carballo noi foi outro que o alcalde (que é quen convoca as reunións) non os convocou. Así é un pouco difícil que poideran asistir. Outra proba máis da descoordinación deste goberno.