26.3.06

 

Novas Xeracións expón as súas propostas de vivenda para a xente nova de Carballo


O día 21 de marzo, as Novas Xeracións de Carballo ofreceron unha rolda de prensa para expoñer as súas propostas en materia de vivenda en Carballo. O contido esencial pode resumirse no seguinte dossier que foi entregado ós medios de comunicación presentes:

PROPOSTA DE NOVAS XERACIÓNS PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS DESTINADAS Á XENTE NOVA EN CARBALLO

A vivenda, un problema esquecido en Carballo.

O vivenda é probablemente principal problema de tódolos galegos e especialmente da xente nova. O incremento do coste da vivenda tense deixado notar moito nos últimos anos, e hoxe por hoxe, moitos xoves bergantiñáns atopan graves dificultades para poder independizarse i escomenzar un proxecto vital pola súa conta.

Nembregantes, resulta sorpredente comprobar que esta situación sexa absolutamente esquezida polo goberno local. Non lembramos ter escoitado nin ó alcalde nin ó seu fiel concelleiro de urbanismo tratar, nin propoñer nada neste asunto.

Sendo como é Carballo un pobo de acollida, que leva anos medrando e atraendo poboación, este goberno non ten dado ningún paso na dirección de facilitar o acceso a vivenda os mais xóvenes, cando en outros Concellos estanse a dar pasos decididos nesa dirección. Creemos que non se pode ignorar esta carencia e que éstamos nun bo momento para tomar iniciativas en materia de vivenda para os mais novos.

Para o alcalde, semella que a principal necesidade dos carballeses fose ter un porto deportivo, un campo de golf ou un centro comercial e non un emprego e unha vivenda dignas.

O goberno da Xunta non se ocupa dos problemas da xente nova.

O anterior goberno creou unha serie de medidas destinadas a axudar á xente nova a acceder a unha vivenda.

Dentro de esas medidas estaba a posibilidade de chegar a acordos cos concellos para que cedesen terreo edificable da súa propiedade á Xunta, para a construcción de pisos para xente nova a prezo de coste.

Cada vez que se desenrola un polígono ou unidade de actuación, a Lei obriga a que un 10% dos metros cadrados edificables sexan cedidos polos propietarios ó Concello, que os incorpora ó seu Patrimonio Municipal do Solo. Unha das posibilidades desta cesión obrigatoria é destinala a construir vivendas de promoción pública a prezos asequibles para xente nova.

O actual goberno da Xunta, a pesar de ter criticado con gran dureza a política do Partido Popular o único que ten feito ata o de agora é paralizar a bolsa de alugueiro e de suprimir a hipoteca xoven,

Mais no que atingue a promoción pública de vivendas , non só non eliminou esta idea, senón que a mantén e a promociona coma propia (non sería tan mala).

Novas Xeracións pide o goberno tripartito se comprometa a construcción de vivendas para xente nova.

A nosa proposta para a construción de vivendas de promoción pública destinadas á xente nova de Carballo é que se aplique este sistema no noso concello, é dicir, que una parte dos terreos edificables de cesión obrigatoria ó Concello se destinen á construcción de vivendas a prezo de coste por parte da Xunta.

Solicitámoslle ó alcalde de Carballo e ó concelleiro de urbanismo que fagan as xestións oportunas e que acaden o compromiso correspondente coa Adminstración Autonómica.

No acto, a presidenta de Novas Xeracións de Carballo, Rocío Vázquez, explicou que esta proposta ía ser trasladada ó grupo municipal do PP local para a presentara en forma de moción no vindeiro pleno.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?