5.3.06

 

Dous plenos en catro meses: as liortas do tripartito paralizan o Concello


O día 1 de marzo o PP de Carballo fixo pública a seguinte nota de prensa:
O PP DE CARBALLO QUERE DENUNCIAR A PARALIZACION DO GOBERNO DE CARBALLO POLAS DIFERENCIAS INTERNAS

O PP de Carballo quere denunciar unha vez mais a parálisis da actividade do goberno de carballo con un alcalde sostenido por uns acordos vergoñentos que fan imposible unha acción coordinada do goberno.

O Alcalde utiliza partidariamente o seu cargo para non convocalo pleno ordinario de Febreiro.

A falla de acordo no goberno e tal que neste mes de Febreiro tampouco se celebrou o pleno ordinario. Dende Octubre tan soio se celebraron dous plenos e soio se presentaron asuntos de trámite e corrección de erros do goberno.

Non se pode traballar menos. Prácticamente dende outubro non se ten aprobado nin debatido nada importante, a pesares da gran cantidade de asuntos que están actualmente de actualidade. (problemas de seguridade, mala utilización da escola-taller, centro comercial, apertura de vias, orzamentos municicpais, etc.)

Como anunciamos, no mes de Febreiro tampouco se debatiron os orzamentos municipais, polas discrepancias tan importantes que existen entre os membros do tripartito.

O tempo ven a confirmar o que o PP anunciou fai semanas que os orzamentos municipais non se aprobarían en Febreiro . O Sr. Alcalde quixo de novo ocultar os problemas e mirar para outro lado poñendo falsas excusas namentrase o Sr. Andrade falou abertamente de diferencias nos orzamentos e de falta de cumplimento das promesas e dos pactos.

E inaceptabel o espectaculo qu estan a dar os membros do goberno utilizando os medios de comunicación para mandarse “recados” entre eles. Unha volta mais o Alcalde volveu a ser desmentido publicamente polo concelleiro de urbanismo, en torno o acordo nos orzamentos e unha vez mais os carballeses estamos asistindo a unha carreira mediatica por ver “quén sae mais nas fotos” e “quén manda mais...”

Dende o PP de Carballo denunciamos que estos orzamentos están viciados de orixe porque responden a pactos ineteresados, asinados en setembro para salvar ó alcalde , e non se centran na atención das necesidades e dos problemas dos carballeses.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?