7.2.06
Presentada a nova xestora do PP de Laxe
O pasado sábado día 4 tivo lugar a presentación da nova xunta xestora do Partido Popular de Laxe, e do seu novo presidente Rafael Suárez Lema, nun acto ó que asistiu o novo presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, nunha das súas primeiras intervencións no cargo.
O día tivo unha dobre relación con Carballo e con Novas Xeracións. Por unha parte porque Rafael, o novo líder popular laxense, ten tan só 30 anos, e desenvolve a súa actividade profesional coma avogado en Carballo. E en segundo lugar porque un bo número de membros das Novas Xeracións de Carballo e da Coruña, así como Manolo Varela e Alberto Sueiro, acudiron para arroupar á nova xestora e colaborar na organización. De feito, o responsable comarcal Manuel Barral tivo palabras de eloxio para NNXX e en particular para a presidenta carballesa Rocío Vázquez. Tamén asistiu o presidente provincial Gonzalo Mora.
Ademais da xuventude de Rafael, o resto de compoñentes da xestora son tamén persoas xóvenes, nalgúns casos por debaixo de 30 anos, de modo que deste xeito faise realidade a renovación do PP de Laxe. O novo presidente, ó que dende aquí desexamos a mellor das sortes, demostrou boas tablas de político no escenario pese a ser a súa primeira intervención en público.


