18.2.06

 

O PP volve a esixir unha consulta popular sobre o centro comercial da praza do Concello


O día 14 de febreiro o Partido Popular de Carballo emite a seguinte nota de prensa:

O goberno continúa coa politica de desiformación de engano e falta de transparencia na construccion do centro comercial na plaza do Concello.


Dende o principio, enganron decindo que habia moitas empresas interesadas no proxecto, ocultando que habia unha soia que foi a que estivo detrás do estudio de viabilidade, que obviamente está feito “ a medida”.

Engánase decindo que non se pode parar o proceso, que “non hai volta atrás” e que o contrario suporía fortes indemnizacións (cando eso non é así);

Enganouse os carballeses cando se dixo que non se ian perder plazas de aparcamento gratuito, nin espacios públicos e que o concello non lle costaría nin un euro.

Coa disculpa de que o PXOUM non permitia construir un aparcadoiro soterrado, recalificaron o xardín e as pistas como “zona comercial” (inaudito) para permitir a construccion de un centro comercial “ a medida”.

Engánase odecir que os comerciantes e placeiros participarán na mesa de contratación. ¿Con qué representación? ¿Entre quén se van a escoller?. Eso máis ben parece unha coartada. O que asista non vai ter voto e a sua presencia só servirá para que o Alcalde se encha a boca decindo que “foi un proceso transparente “ e que “se contou coa participación dos sectores afectados”. Si quería un proceso transparente e participativo porqué non contou tamén coa intervención deses sectores para redactar o prego de condicións do concurso?

Polo que parece, o goberno non está moi disposto (máis ben, nada disposto) a facer unha consulta popular sobre o asunto da ocupación e regalo de suelo de dominio público co novo centro comercial. De feito, o alcalde xa anunciou que convocaría de inmediato a mesa de contratación. Parécenos un erro monumental, que non se queira pulsar a opinión da cidadanía nun asunto de tantísima trascendencia.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?