26.2.06
O PP solicita crear unha comisión para o seguemento da revisión do Plan Xeral

O día 21 de febreiro de 2006 o PP de Carballo presenta a seguinte moción:
JUAN CARLOS CASTRO POMBO, viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN sobre a CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL DE SEGUIMENTO DO PROCESO DE REVISIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM):
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Primeiro.- No Pleno celebrado pola Corporación do Concello de Carballo o 25 de abril de 2005, acordouse "acometer a urxente revisión e adaptación do PXOM de Carballo á Lei 9/2002 do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións no articulado introducidas pola Lei 15/2004 de 29 de decembro", así como "ordear a elaboración a estos efectos dos necesarios pregos de condicións administrativas e de prescripcións técnicas, cun orzamento máximo de licitación de 272.309, e unha duración dos traballos de 20 meses, primándose en todo caso na adxudicación, a reducción do custo e dos prazos de elaboración."
Tal e como se deduce dos propios acordos, así como do debate producido no indicado Pleno, considerábase moi urxente o asunto.
Segundo.- A Xunta de Goberno Local celebrada en data 7 de xullo de 2005 acordou adxudicar os traballos de revisión do Plano Xeral á empresa Fernández Carballada y Asociados, S.L., por importe de 272.309 euros. No acordo de adxudicación, establecíase que "o prazo de ejecución do contrato terá unha duración máxima de vintecinco (25) meses, con estricta sujeción ós prazos parciais ofertados polo adxudicatario e que son os seguintes:
- Entrega dos documentos de información urbanística (estudio do medio rural, análise do modelo de asentamento poboacional, información urbanística xeral: 5 meses a contar dende o día seguinte da formalización do contrato.
- Entrega dos traballos do PXOM para a súa remisión a informe do conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para o informe previo á aprobación inicial. Estos traballos comprenderán ademais dos da fase anterior os seguintes documentos: memoria xustificativa dos fins e obxectivos do PXOM, planos de ordenación urbanística, normas urbanísticas, estrategia de actuación e estudio económico, catálogo de elementos que hai que proteger ou recuperar e estudio de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico: 6 meses a contar dende o día seguinte da formalización do contrato.
-[siguen prazos relativos a correccións do documento, informe de alegacións, etc.]…"

Terceiro.- O 27 de xullo de 2005 asinouse o contrato entre o Concello, representado polo alcalde, e a empresa adxudicataria.
Xa que logo, a data de referencia ou "dies a quo" para contar os prazos parciais ós que se sometía a empresa ven determinado pola data de 28-7-2005 (día seguinte ó da formalización do contrato). En consecuencia, a máis tardar o 28-12-2005 deberían ser entregados no Concello de Carballo os documentos de información urbanística; e o 28-1-2006 deberían ser entregados a totalidade dos traballos do PXOM para a súa remisión á Consellería de Política Territorial.
Non temos noticia de que se cumplira esa "estricta suxeción" ós prazos parciais de que falaba o acordo de adxudicación.
Cuarto.- No Pleno no que se aprobou a revisión do PXOM, tódolos grupos municipais se mostraron favorables á creación dunha Comisión especial de Seguimento sobre este asunto, tal como consta recollido na propia acta da sesión.
Xa que logo, transcurridos 10 meses, como aínda non temos noticia de ningunha iniciativa do goberno nese sentido, nin, por outra parte, se nos facilitou información de ningún tipo sobre o estado de tramitación da revisión do PXOM, vémonos na obriga de solicitar formalmente a inmediata creación desa Comisión especial, con carácter previo á remisión da documentación á Consellería competente.
Quinto.- O artigo 124.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais contempla a creación polo Pleno de comisións informativas especiais, sometidas ás mesmas reglas de creación e composición que as comisións informativas permanentes, diferindo só na súa extinción, que no caso das comisións informativas especiais se produce "una vez que hayan dictaminado o informado sobre el asunto que constituye su objeto, salvo que el acuerdo plenario que las creo dispusiera otra cosa" (art. 124.3, párrafo segundo).
O acordo de creación desta comisión, segundo o artigo 125 do citado Regulamento, ha de determinar a composición concreta da mesma, tendo en conta as reglas contidas no mencionado artigo, en especial o apartado b), que determina que "cada Comisión estará integrada de forma que su composición se acomode a la proporcionalidad existente entre los distintos grupos políticos representados en la Corporación".
Polo exposto, sometemos á consideración do Pleno a adopción do seguinte ACORDO:
O Concello de Carballo crea a "COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL DE SEGUIMENTO DO PROCESO DE REVISIÓN DO PXOM", integrada por cinco representantes do Grupo Municipal do PP, tres representantes do Grupo Municipal do BNG, dous representantes do Grupo Municipal do CDI e un representante do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. Esta comisión estará vixente ata a definitiva aprobación da revisión do PXOM.
A adscripción concreta a esta Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo, realizarase mediante escrito do voceiro do mesmo dirixido ó Alcalde, e do que se dará conta ó Pleno. Poderá designarse, de igual forma, un suplente por cada titular.
Carballo, 21 de febreiro de 2006.