18.2.06

 

O PP solicita a convocatoria da comisión de seguridade


Alberto Sueiro Pastoriza, coma voceiro do grupo popular do Concello de Carballo, emite o seguinte comunicado o día 13 de febreiro de 2006:

Dende o Partido Popular temos manifestado públicamente i nos foros políticos oportunos – Concellos, Diputación e Parlamento de Galicia - a nosa preocupación polo importancia dos actos vandálicos e delictivos que se veñen producindo dun tempo a esta parte na Costa da Morte, nomeadamente en Bergantiños, cuia notoriedade xa é mais que evidente para todos, de tal xeito que o incremento dos actos delictivos, contra as persoas e os seus patrimonios, é percibido por toda a cidadanía coma un fenómeno en alza que está a crear un clima de inseguridade severa, a pesar dos esforzos que se fan a nivel municipal e do impagable traballo que dende os corpos e forzas de seguridade do Estado se está a facer.

Sendo certo que atingue a toda a bisbarra, xa que están igualmente afectados outros concellos, o problema é especialmente salientable no concello de Carballo, onde, por razóns xa coñecidas, é moi significativa a alarma social que xeneran os problemas derivados do incremento da inseguridade cidadán. Do mesmo xeito, é tamén dunha obviedade palmaria o profundo e inexplicable desequilibrio entre a importancia demográfica, económica e social deste Concello e os recursos que as Administracións competentes teñen posto para garantir a defensa dos dereitos e propiedades dos cidadáns, coas consecuencias tan negativas que esta situación provoca non só na propia identidade colectiva, senón, e fundamentalmente, no desenvolvemento social e económico deste Concello.

Os feitos acaecidos a pasada semana superan todo o coñecido ata o momento. A comparanza feita dende algún medio cos episodios recentes de París provoca vértigo i estupor, e independentemente de un acto de sabotaxe laboral- que sería malo- ou un acto de vandalismo urbano - que sería peor- a evolución da situación reclama medidas urxentes que poñan freo a este estado de inquietude social.

Para ser ecuánimes, non debemos focalizar a nosa atención no acto mais recente e salvaxe, polo seu carácter excepcional, e sí reparar na sensación xeralizada de desconfianza, de impunidade na actuación dos delincuentes, na ferida diaria do pequeno delito, ou do que se ven a chamar “violencia de baixa intensidade” que é, sin duvida, o verdadeiro nudo do problema. Todos sabemos ben, que o que realmente fai dano a rocha é o lento pero continuo petar do mar , non a onda ocasional da tormenta.

Os cidadáns demandan de nós responsabilidade, altura de miras e determinación para devolverlles a tranquilidade e a confianza. Dende os distintos ámbitos de responsabilidade do noso Concello temos que situar este problema na cabeceira da nosa acción política, por ser a inseguridade a primeira e principal preocupación social de Carballo. Debemos ergue-la la bandeira da responsabilidade cívica , da educación ciudadana e do orgullo de ser carballeses para non aceptar o inaceptable, nin coma unha fatalidade, dar por perdida esta batalla.

O PP de Carballo entende que este problema só se pode abordar dende a lealtade institucional. Dende a unión do conxunto das forzas políticas, afastándonos das rivalidades partidarias, insistimos na “despolitización” de estos temas. Con esa vocación solicitamos do noso alcalde, a convocatoria da comisión especial de seguridade, que no seu día instamos a crear, como foro permanente de encontro, para que no seu seno podamos traballar conxuntamente, intercambiar opinións, ver de compartir a información e buscar acordos que abran camiños e aporten solucións prácticas que nos transmitan mensaxes de confianza e tranquilidade.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?