26.2.06

 

O PP de Carballo recolleu máis de 600 firmas para solicitar un referéndum polo estatuto de Cataluña

O Partido Popular está a levar a cabo en toda España unha campaña para solicitar un referéndum no que os españois se poidan pronunciar acerca das consecuencias da aprobación do Estatuto de autonomía de Cataluña. Como parte deste iniciativa o PP de Carballo participou mediante a recollida a firmas efectuada o día 26 de febreiro de 2006 a partir das 11 da mañá na esquina das rúas Coruña e Desiderio Varela, en plena celebración da feira dominical carballesa. Durante a xornada foron moitos os cidadáns (máis de 600) que acudiron a deixar a súa sinatura para solicitarlle ó presidente do Goberno que someta ó conxunto dos cidadáns españois a seguinte consulta:
"¿Considera conveniente que España siga sendo unha única nación na que todos os seus cidadáns sexan iguais en dereitos, obrigas, así como no acceso ás prestacións públicas?".










Ademais, durante a mesma maña membros do grupo municipal do PP e de Novas Xeracións repartiron postais da campaña "Todos formamos un mismo corazón" (pinchar aquí) que esta a levar a cabo a formación xuvenil popular en toda España, e facilitaron información sobre o proxecto que o goberno tripartito de Carballo ten para a praza do Concello, e que tamén se pode consultar en novas anteriores desta mesma páxina.

Compre lembrarlle a militantes, simpatizantes e cidadáns en xeral que a campaña de recollida de firmas continúa, e que poden pasar a asinar na sede do PP de Carballo, na rúa Colón nº 10, os luns, mércores e venres en horario de 17:00 a 21:00, ou tamén poden facelo na páxina web do partido, en http://firmas.pp.es/ .





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?