10.2.06
O Concello e a Xunta olvidan a 3ª fase da travesía
Cando levamos máis de medio ano de goberno bipartito na Xunta e vamos camiño de 3 anos de tripartito en Carballo, a terceira fase da obras da travesía, que irían dende o comezo actual ata á confluencia coa Gran Vía, seguen esquecidas. Pese ó desastroso estado do firme, o Concello non está a facer unha campaña contraria á Xunta como a que no seu día fixo contra o goberno do PP, afirmando que este "marxinaba" a Carballo por ser de distinta cor política. A este respecto, o grupo popular de Carballo ven de sacar a seguinte nota de prensa:O Goberno do Partido Popular presentara non 2001 un proxecto de humanización de Carballo que supoñia de feito modificar o aspecto urbanístico da nosa vila, na que se incluía,entre outras, a mellora integral da travesía principal que vai dende o cruce coa Gran Via ata a Ponte de Isabel II. Este proxecto que póla sua magnitude tina que ser desenvolvido en varias anualidades, ven acumulando retraso trás retraso dende que o tripartito goberna en Carballo, polos erros a ineptitude dos seus membros.
Caseque 5 meses despois de que se teña rematado a 2ª fase, e que o Delegado Provincial da Conselleria de Obras Publicas e Urbanismo visitara a rúa Vazquez de Parga, non voltamos a ter ningunha noticia do que vai pasar coa 3ª fase das obras de mellora da travesia principal, non se sabe tampouco cales foron as xestións que dendê o goberno de carballo se teñen feito para continuar con estas obras.
A TRAVESIA PRINCIPAL XA NON E UNHA PRIORIDADE DO GOBERNO
Para o Sr. Ferrero estas obras soio foron importantes mentras lle serviron para crear enfrentamentos co anterior goberno da Xunta de Galicia, todos recordamos o penoso espectaculo que se inventou para culpar o goberno do pp de non querer rematar as obras. Agora , de novo facendo un uso totalmente partidista do seu cargo, a marxe dos intereses dos carballeses, non fai nada para conquerir o remate das obras. Que pasa que a Xunta que agora non cumple é boa? De quén é agora a responsabilidade dos retrasos ¿do seu goberno? ¿ da Conselleira do PSOE?.
A triste verdade e que o alcalde nin siquer poderá dar explicacións do que está a pasar porque non é da sua competência, posto que, nun acordo vergoñento, entregou en exclusiva o área de obras e urbanismo o CDI, e polo tanto como en tanto outros temas tocalle calar e consentir.
O GOBERNO ESTA PARALIZADO E NON SON QUEN DE REMATAR NINGUN PROXECTO DOS QUE LLE QUEDARON PREPARADOS POLO ANTERIOR EXECUTIVO
O goberno tripartito está instalado na política de propaganda permanente que lle obriga a estar anunciando obras de xeito continuo, sen que sexan verdade na meirande parte dos casos ou coma no recente inicio da apertura da vila de negreira sen contar co acordo dos propietarios dos térreos.
A falla de iniciativa para rematar as obras da 3ª fase da travesia principal son unha boa mostra da falla de xestión municipal que padecemos os carballeses. É urxente que os responsabeis escomenzen a dar explicacións de que está a pasar con estas obras que están sen rematar e das que ninguen dá información.
Exiximos que se poñan a traballar e que expliquen en qué estado está a tramitación da 3ª fase, e que se fagan todalas xestións pra rematar un proxecto que é fundamental para a mellora do entorno urbano de Carballo.