18.2.06
O alcalde promete agora unha Fundación sen contar coa xente do deporte de Carballo

O día 15 de febreiro Novas Xeracións de Carballo fixo pública a seguinte nota de prensa:
Logo de que Novas Xeracións denunciase o total abandono do deporte por parte do Concello de Carballo, e en especial do seu alcalde, anúnciase que se acaba de celebrar unha reunión para tratar a creación dunha fundación adicada ó deporte.
Novas Xeracións quere expresar a súa satisfacción por que, tres anos despois de acceder ó poder, o BNG de Carballo teña lembrado que existe o deporte e teña aparecido o “concelleiro-alcalde” de Deportes.
En calquera caso, cremos conveniente aclarar os seguintes puntos:
- O primeiro boceto de idea de Evencio Ferrero chega cando leva case 3 anos no poder, e anúnciase sen contar para nada coas asociacións nin coa xente do deporte de Carballo. Non se pode dicir que o deporte correse moita presa, nin que os carballeses contemos moito.
- Mentres tanto, e pese a terse dado un ano de prazo para solventar a situación do Patronato Deportivo Municipal, este segue aumentando a súa débeda.
- ¿Tería o alcalde anunciado esta idea de non ter Novas Xeracións denunciado o abandono do deporte por parte do Concello?
- Levamos 3 anos de mentiras, incumprimentos e propaganda. Vistos os antecedentes, dificilmente podemos outorgar credibilidade a ningún anuncio que faga Evencio Ferrero, un alcalde que prometeu 6 empresas para o concurso do centro comercial, ou que xa nos leva anunciados portos deportivos ou cidades deportivas que non existen.
- Durante anos o BNG adicouse a atacar toda canta Fundación fora creada por gobernos do PP. Dicían que só servían para dilapidar cartos e colocar ós amigos, e prometeran que ó chegar á Xunta ían eliminalas todas. Agora Evencio véndenos as virtudes dunha fundación para o deporte en Carballo. Algo non encaixa.
- O anuncio realizado consiste no boceto dunha idea. Faltan moitos aspectos por concretar para que poida ser valorada como positiva ou negativa. ¿Vai convivir a Fundación co Patronato? ¿Vanse fundir? ¿Quén a vai dirixir e cómo se vai seleccionar o persoal? ¿Cómo se vai financiar? ¿Vaise encargar do deporte escolar, dos equipos de base das asociacións, dos dous, etc?
A ver se un día destes, e despois de 3 anos no poder, o alcalde se digna a explicarnos dunha vez qué quere facer co deporte en Carballo.
Novas Xeracións de Carballo, 15 de febreiro de 2006