2.2.06

 

Carballo: o único Concello de España sen área de Deportes


O día 30 de xaneiro Novas Xeracións de Carballo fixo pública a nota de prensa que reproducimos a continuación:

NOTA DE PRENSA: Concello de 30.000 habitantes busca concelleiro de Deportes

Este texto ben podería figurar na sección de anuncios por palabras de calquera diario de España. E ese Concello é Carballo. Porque tras case 3 anos de goberno tripartito, Carballo é o único Concello de España que non ten concellería de Deportes. E esto sucede nun goberno de 11 concellerías, onde se inclúen áreas tan pormenorizadas como Socorrismo, Cemiterio ou Normalización Lingüística. Incrible pero certo.

Hai que lembrar que tanto Ferrero coma outros membros do seu grupo son persoas tradicionalmente vinculadas ó deporte, que durante anos censuraron a política deportiva do PP, e que nos prometían ós mozos toda clase de iniciativas e actividades na materia se chegaban a gobernar (vamos, se lles votábamos). E tamén hai que lembrar que a delegada provincial de Deporte é carballesa e do BNG. Pois ben, nos case 3 anos que levamos de tripartito a “xestión” deportiva pode resumirse no seguinte: unhas pistas construidas no Chorís en terreo e con cartos acadados gracias ó anterior goberno do PP. Punto.

Polo demais, compre lembrar as seguintes “perlas” que en materia de deporte nos leva regalado este goberno:
- A idea dun campo de golf da que non hai absolutamente nada sobre a mesa, e que partiu do concelleiro de Urbanismo.
- O anuncio “por todo lo alto” dunha cidade deportiva da que non volvemos saber nada, e que tamén partiu do concelleiro de Urbanismo.
- O incumprimento do compromiso de solucionar o conflicto do circuito de Bértoa, que 3 anos despois sigue igual de paralizado, e igual de olvidado.
- A parálise dun ximnasio na piscina nova, construída polo anterior goberno, que 3 anos despois sigue esperando por que lle dean algún uso.
- Unha pista de xeo promovida por empresarios particulares (vista a nula iniciativa municipal), de cuxo mérito tanto o alcalde como a Xunta intentaron apropiarse desvergonzadamente.
- E cremos que había alguén que propoñía carriles-bici, pero deso costa traballo lembrarse.

Visto o anterior, moitos xóvenes carballeses preguntámonos durante todo este tempo se existía unha concellería de Deportes, ou se fora abducida nun extrano Expediente X. Hai que facer un auténtico traballo de investigación para descubrir que, oficialmente, se creou ó principio da lexislatura una concellería de Deportes, cuxa responsabilidade recaía en José Antonio Periscal. Sen embargo, durante os dous anos e medio que Periscal botou ocupando o cargo, tan só soubemos que esta persoa existía porque construiu unha vivenda ilegal e dimitiu. Non lembramos telo visto nunca inaugurar, anunciar, o explicar nin unha soa iniciativa en materia de deporte. Logo do “contratempo urbanísitico” de Periscal, atopámonos con que a concellería de Deportes era suprimida do organigrama do goberno, para ser xestionada “persoalmente” polo propio alcalde Evencio Ferrero. Hai que recoñecer que, grazas a esta circunstancia, puidemos coñecer cal é a súa verdadeira capacidade de xestión: cero a la izquierda.

A composición das áreas do Concello de Carballo podedes comprabala pulsando aquí.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?