8.1.06
Unha aclaración e unha nova bitácora para NNXX
En primeiro lugar temos que comezar aclarando que a noticia publicada o día 28 de decembro de 2005 era unha inocentada, polo que pedimos desculpas se alguén resultou confundido. De feito esta aclaración non sería necesaria se Carballo tivese un goberno serio, pero, como estando baixo o mandato do actual tripartito estamos xa afeitos a oir de todo, vaia por diante a nosa puntualización.
Por outra parte, o fenómeno da proliferación de bitácoras e páxinas de contido político na rede continua imparable. Concretamente hoxe día 8 de xaneiro o noso colega Javier Acosta, presidende de Novas Xeracións de Narón, escríbenos para darnos a dirección da súa propia bitácora, que, polo que se ve, leva máis tempo ca nós dando guerra no concello de Ferrolterra, e na que vos poderedes informar de canto sucede por alí:
Dende o momento de creación das Novas Xeracións de Carballo existiu un relación moi estreita cos nosos homólogos de Narón, e de feito recentemente fomos invitados a participar na súa cena de Nadal. Moitas grazas a Javier polo seu envío e desexámoslles moita sorte.