10.1.06
O tripartito anuncia para o 2006 as mesmas obras que xa anunciara para o 2005

O PP de Carballo ven de facer pública unha nota de prensa na que denuncia a propaganda mediática coa que o goberno tripartito fai política en Carballo. En concreto, esta nota ven motivada polos reiterados anuncios do tenente de alcalde carballés con respecto ás obras de acondicionamento da Villa de Negreira e outras vías do Concello. Este é o texto literal da nota:
" O Partido Popular de Carballo quere sair o paso co gallo das declaracións aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación en torno as obras que o goberno afirma que vai a escomenzar en Carballo.
De xeito reiterado ogoberno a traves do concelleiro de urbanismo anuncia o comenzo de obras e proxectos que nunca se concretan de xeito efectivo. Non é de recibo que se diga por cuarta vez que se van a iniciar de inmediato as obras de apertura de rúas ou de novas vías e que estarán a disposición dos veciños en poucos días.
Tanto a Avd. De Bergantiños coma a Vila de Negreira xa fai mais de un ano que se anunciou que estarían en obras e abertas o tráfico en poucos meses e ainda non se iniciaron a día de hoxe, cando de novo se volve a a sair os medios co mesmo e exactamente coas mesmas palabras e plazos.

Non se pode estar engañando a xente anunciando o inicio de obras inminente hasta catro veces. E imprescindible que se remate esta política de propaganda permanente e se poñan solucións en riba da mesa de xeito urxente, porque xa vai rematar o terceiro ano de mandato do goberno e ainda non ten posta en servicio ningunha das vias que prometera para primer trimestre de 2004.
E imprescincible abandonar a propaganda continuada e escomenzar a dar solucións os cidadans. Non se pode insultar a intelixencia dos carballeses anunciando continuamente o inicio das mesmas obras e a apertura das mesmas rúas que nembergantes siguen pechadas e sin solución. Solicitamos do goberno seriedade, rigor e transparencia.
E inaceptable que o Sr. Andrade se queixe nos periodicos do mal estado das vías e as travesias cando precisamente esa é a sua responsabilidad e o seu traballo. Non debe esquezer que forma parte de xeito solidario, dun goberno do mesmo signo que os gobernos provinciais e autonómicos i é unha das partes que ten que aportar solucións.
Debe finalizar de xeito inmediato a ridicula carreira mediatica e de propaganda entre o Alcalde e o Concelleiro de urbanismo por ver quén acapara mais notas de prensa e fotografías nos xornais e deben dar solucións reais ós problemas dos cidadans."