15.1.06
O PP fai unha proposta para os nomes das novas rúas de Carballo


Nome actual / Proposta: xustificación
Trav.Mirón 00654- Mirón / Rúa Médico Antonio Lado: desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca.
Sen nome Mirón / Rúa Médico Ramón Louzao: desenvolviu a sua carreira en Carballo atendendo os veciños de toda a comarca
Sen nome Mirón / Rúa Médico Eduardo Mariño: fundou unha clínica en carballo. Tivo gran presencia nas actividades sociais de Carballo: Bergantiños FC, Cruz Bermella, etc.
Sen nome Mirón / Rúa Médico José Manuel Lado: reconocido Psiquiatra. Director do hospital de Conxo.
Mirón B 00556-Mirón / Rúa Emilia Mariño Aguirre: muller pioneira na sociedade do seu tempo. Fundou unha academia de mecanografia e taquigrafia onde se formaron centos de carballeses-as.
Av.Ambulatorio-Mirón / Rúa Mestre Mateo.
Estrada Ferradal-Mirón / Rúa Concello de Cabana: para seguir o criterio derecoñecer a concellos veciños. Tendo en conta que non existe a Vila de Cabana propoñemos este nome.
Trav. Vila de Ordes 00553 / Rúa Vila de Arteixo: para seguir o criterio de honrar a concellos veciños.
Trav. Vila de Cee 00851 / Rúa Vila de Ponteceso: para seguir o criterio de honrar a concellos veciños.
Sen nome - IEB Parga Pondal / Rúa Escultor Asorey: escultor galego de gran relevancia artistica.
Trav. Boos Aires - A Balsa / Rúa Panamá.
Sen nome - Av. Malpica / Rúa de Pepe da Xan Baña: escritor nado na nosa bisbarra.
Sen nome - Av.Malpica / Rúa dos Vinte Hirmáns: familia de moitos membros de longa tradición carballesa.
Sen nome - Fonte Caldeira / Rúa Sor María: fundadora do colexio das hirmans da caridade de Carballo, de gran importancia social e para o ensino de carballo.
Camino Matadeiro - Pazo / Rúa Carlos Casares: insigne escritor e presidente do Concello da cultura galega.
Sen nome - Estación de Autobuses / Rúa Padre Feijoo: galego universal.
Sen nome - Estación de Autobuses / Rúa Padre Sarmiento: galego universal.
Camiño A 00736- A Revolta / Rúa Laranxeiras.
Camiño C 00734 - A Revolta / Rúa Cerdeiras.
Pista Calvo 00551- / Rúa María Dolores Pumpido.
Travesía Rúa Verdillo / Rúa Tileiros.
Camino a Bosque - As Labradas / Rúa Teixos.
Sen nome - As Labradas/ Rúa Freixos.
Nota: en color laranxa as propostas do PP. En azul os nomes que non se modifican sobre a proposta orixinal do goberno.
1- Vencellamento con Carballo / Bergantiños.
Creeemos importante que se dé maior sona a persoeiros de corte local ou comarcal. Entendemos o rueiro coma un recoñecemento dos propios conveciños a persoas especialmente salientabeis da nosa vila ou bisbarra.
2- Continuidade de criterio coa zona onde está a rúa que se renombra.
Intentar manter os criterios mantidos con anterioridade nas zonas onde sexa posible para facilitar a localización das ruas polo “grupo” ó que pertenecen (árbores, rios, paises,etc...)
3- Notoriedade e importancia xeral dos persoeiros
Incluir a persoeiros moi salientabeis que deben ser distinguidos po-la sua transcendencia e notoriedade pública a traverso da historia.
4- Que estivesen fallecidos.
Creemos que é preferible nomear prioritariamente con nomes de fallecidos por unha cuestión de orde bioloxico que sirva para honrar e recoñocer a persoas xa desaparecidas."