13.1.06
O goberno pregunta polos problemas dos comerciantes cando xa leva máis de 2 anos e medio no poder

O Partido Popular ven de sacar unha nova nota de prensa relativa á enquisa que o tripartito local pretende facer entre os comerciantes preguntándolles polos seus problemas. Esta enquisa chega cando xa levamos 2/3 de mandato consumido, e deixa "perlas" tales como que se pregunta pola opinión sobre as asociacións de comerciantes, e non pola opinión sobre o propio Concello. Este é o texto:
O GOBERNO DE CARBALLO NON TEN SOLUCIONS PARA O COMERCIO LOCAL.
O Grupo municipal do Pp de Carballo critica as últimas accións do grupo de goberno no que atinxe a Concellaría de Industria e Comercio que mostran as claras o rumbo errático do goberno a falta de coordinación entre as concellarías e a falta de iniciativas que aporten solucións os problemas dos comerciantes de Carballo.
Unha acción propagandística e que amosa a incapacidade e total falta de solucións do tripartito para o comercio local.
Non é de recibo plantexar unha enquisa para coñecer os problemas dos comerciantes cando xa se levan consumido mais das 2/3 partes do mandato.
A estas alturas deberíamos empezar a comprobar os resultados das accións do goberno e agora sería o momento de avaliar os resultados das politicas desenvolvidas non de “coñecer” os problemas.
A propia comunicación remitida os comerciantes identifica unha serie de problemas do comercio local: Falla de formación dos comerciantes, forte competencia, falta de persoal especializado, problemas urbanísticos,etc. Si xa está feito éste diagnóstico, porqué non se poñen os medios para resolvelos? ¿Qué ten feito o goberno nestes anos para darlles solución?
Unha enquisa sin obxetivos claros e co único propósito de “controlar” as asociacións profesionais de comerciantes.
Non se solicita ningunha información relevante, nin que non fora coñecida xa a traverso dos multiples estudios e traballos ( públicos e privados) que existen sobre o comercio de carballo.
Non pide os enquisados a sua valoración sobre das actuacións do goberno e sí a das asociacions empresariais a que pertenecen, nun claro intento de deslixitimar a sua representatividade e de poñer en cuestión a sua actividade.
A descoordinación das accions do goberno provoca un desplifarro dos recursos públicos e a falla total de credibilidade do goberno.
Por unha banda o tripartito gasta importantes cantidades de recursos públicos en propaganda da campaña “aumenta o teu interés” para impulsar o uso do galego no comercio e pola outra o mesmo goberno lanza unha enquisa a comerciantes utilizando o español, no que resulta unha mostra mais da mala xestión dos cartos públicos, do despilfarro permanente e da descoordinación que existe no Concello.
Cada concelleiro “anda por libre”, cada grupo político fai a guerra pola sua conta e non existe nin a mais mínima comunicación nin coordinación entre eles. No tripartito “ a mán esquerda non sabe o que fai a dereita”.
En tres anos o tripartito non aportou ningunha solución e coa sua actuación fixeron medrar os problemas do comercio.
Non solucionaron ningún dos problemas que existian cando chegaron (aparcamento, melloras entornos urbanos, etc.) e co seu proxecto de instalar un centro comercial na plaza do Concello crearon preocupación, inestabilidade, desconfianza e desánimo entre comerciantes, actuando de costas a opinión dos interesados e sin aportar ningunha solución.
12/01/2006