20.1.06
Incúmprense os prazos para construir a Casa dos Oficios

O Partido Popular de Carballo fai pública o día 19 de xaneiro unha nota de prensa que reproducimos, coma sempre, de modo textual:
O PP DENUNCIA A FALTA DE CUMPLIMENTO DOS PRAZOS DA ESCOLA-TALLER "CASA DOS OFICIOS"
Transcorrido case un ano desde a resolución positiva da solicitude da escola-taller "Casa dos Oficios" e finalizada xa a primeira fase do programa formativo dos alumnos seleccionados -a que atingue a formación teórica-, no presente mes de xaneiro debería escomenzar a fase de prácticas dos alumnos nas obras da Casa dos oficios. Así debera ser se tiveramos un goberno competente e previsor. Pero... non é así. Dita incorporación ó traballo non se pode facer polo retraso nos traballos de construcción da estructura (obras que non son asumidas pola Escola). Traballos que, ó dia de hoxe, lonxe de estarrematados, aínda non escomenzaron.
OS ALUMNOS NON ESTÁN A TRABALLAR NO PROXECTO DA "CASA DOS OFICIOS"
O 30 de decembro, o Sr.Alcalde, anunciou a firma dos contratos de traballo para os 36 alumnos, afirmandose na páxina web do concello: "As cimentacións das estructuras nas que se traballa na actualidade están xa avanzadas, nunha laboura que seguirán desenvolvendo os alumnos-traballadores da Escola Obradoiro durante esta segunda fase."
Di dito ó feito hai un gran treito. A día de hoxe, os alumnos non poden desenvolver a súa actividade naquela obra, xa que as súas especialidades son: albaneleria, carpintería, cantería e aluminio. Xa que logo, é rotundamente falso que os alumnos-traballadores poidan traballar no recinto da feira de gando, polo importante retraso da construcción da estructura da obra (que o Concello contratou a unha empresa externa).
Polo tanto, se os alumnos non poden traballar no proxecto da escola-taller, unha de dúas:
1) ou ben non están facendo as prácticas e, polo tanto, por culpa do Concello non están cumplindo co programa formativo establecido,
2) ou ben están a traballar noutras tarefas, co que se estará incumplindo o obxeto dos seus contratos e, o que é mais importante, o Concello de Carballo estará incumplindo as condicións do proxecto aprobado de escola-obradoiro para o que a Xunta concedeu a subvención, con risco de que se perda ésta.
Sexa o primeiro, sexa o segundo, só a incompetencia deste goberno é a que leva a estas situacións indesexables. Así pois, o alcalde terá que explicar: ¿En qué están a traballar os alumnos da escola-obradoiro? ¿Onde se están desenvolvendo estes traballos? ¿Cando se ten previsto que os alumnos poidan empezar a traballar naquelo para o que se inscribiron e para o que foi concedida a subvención pola Xunta de Galicia, é decir, a obra da Casa dos Oficios?
Resulta lamentable que este gobeno, pola súa falta de previsión e ineficacia, estea dilapidando neste proxecto o capital de prestixio, experiencia e credibilidade que as tres Escolas Taller anteriores ganaron a pulso baixo o goberno municipal do Partido Popular.