29.1.06
Evencio votou a favor de dous tránsfugas sabendo que era ilegal

En datas recentes ven de dictarse a sentencia sobre a formación do grupo mixto na pasada lexislatura de Carballo, que deixou ó goberno do PP en minoría e permitiu a BNG e PSOE paralizar a acción do equipo popular. A propósito desta nova, o Partido Popular de Carballo deu a mañá do día 28 unha rolda de prensa, que podemos resumir na seguinte nota:
Vai facer 5 anos, o Partido Popular presentou un recurso xudicial contra os acordos do Pleno do Concello de Carballo sobre a constitución e adscripción ó Grupo Mixto de dous concelleiros que foran elexidos baixo as siglas do PP (Sres. Pallas e Pena). Finalmente, a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 9 de novembro de 2005 acaba de darnos a razón.
O 24 de setembro de 2001, o acordo da creación definitiva do Grupo Mixto foi adoptado como consecuencia dunha moción presentada por urxencia (é decir, con nocturnidade e alevosía) polo actual alcalde, naquel momento portavoz do BNG, Evencio Ferrero Rodríguez. Ferrero presentou a moción con pleno coñecemento da súa ilegalidade, pois existían expresos informes contrarios da Secretaria municipal, pero eso non o frenou. Tampouco o frenaron os argumentos de que con esa moción trataba de favorecer o transfuguismo e sacar proveito político, xa que eso era precisamente o que pretendía.
Pois ben, agora o Tribunal deixa en mal lugar a Evencio Ferrero e ós que votaron a favor da súa moción, posto que tomaron un acordo inxusto e ilegal a sabiendas. O TSX di que a norma que invocaba o PP “ha tratado de prevenir el transfugismo que había afectado a la vida municipal, alterando de hecho la distribución de los concejales en el seno del Ayuntamiento, y con ello la representación que había resultado de las elecciones, dejando de ser el Ayuntamiento en su composición una plasmación de lo que las urnas habían querido.” Ese foi o efecto que pretendiu e conseguiu o adalid da democracia chamado Evencio Ferrero.
Segundo a sentencia, o PP non tiña porqué ter só 5 representantes en cada comisión informativa, en lugar dos 6 que lle correspondían, como consecuencia da creación ilegal do Grupo Mixto.
A sentencia alude tamén ó pacto antitransfuguismo suscrito o 23 de xullo de 1998, que tiña “a finalidade de aillar ós concelleiros tránsfugas”, e a tal fin establecíase que “os concelleiros que abandonen os partidos ou agrupacións en cuias candidaturas resultaron elexidos non pasen ó Grupo Mixto, e actúen na corporación de forma aillada, sen que poidan percibir ou beneficiarse dos recursos económicos e materiais postos a disposición dos grupos políticos da corporación”.
“En definitiva”, sigue decindo a sentencia, “la disposición invocada por los actores [o PP] es de una meridiana claridad y no permite, en consecuencia, que los concejales que abandonen los partidos o agrupaciones en cuyas candidaturas resultaron elegidos se pasen al Grupo Mixto.” En consecuencia, o Tribunal declara que os acordos impugnados vulneran a lexislación aplicable.
Máis claro, auga. Eso foi o que sempre dixemos, e remitímonos ás declaracións que fixemos hai cinco anos.
Existía (e existe) un pacto antitransfuguismo. Existía (e existe) unha Lei “meridianamente clara”, que non permitía facer o que se fixo, segundo di a sentencia. Existían informes xurídicos claros e contundentes da Secretaria municipal, no mesmo sentido. Pero, por encima de todo o anterior, existía un deber moral de impedir o transfuguismo e de non aproveitarse fraudulentamente dos votos otorgados polos cidadáns a outro partido, unha imposición ética de non adulterar o resultado das eleccións. Pois ningunha desas barreiras foron suficientes para parar ó Bloque. Por encima de todo esto pasou o Bloque como unha apisonadora. Como hai uns meses, cando “votaron retirar” unha moción do PP para que nin sequera se discutira. Así entenden eles a democracia, e así, en evidencia, os acaba de deixar a xustiza.
O actual alcalde do Bloque foi o principal executor da ilegalidade agora declarada polo TSXG. Naquel momento, acusamos ó BNG de actuar “como brazo executor do fraude ó electorado”. Decíamos que a moción de Evencio Ferrero tiña como finalidade “servir de instrumento imprescindible para que se produza un fraude de lei por parte de dous concelleiros tránsfugas”. Despois desta sentencia, está claro que o ocurrido non ten outro nome máis que “transfuguismo” con tódalas letras. Agora está xudicialmente demostrado que o que fixo o BNG foi o que deciamos hai 5 anos: colaborar cos tránsfugas, amparalos e favorecelos para violentar a decisión dos votantes que otorgaron ó PP a maioría absoluta. Esto só o fan os políticos ventaxistas, e esto foi o que fixo o BNG da man do actual alcalde.
Constantemente, vemos como para Evencio Ferrero e para o BNG de Carballo, o fin xustifica os medios. Non lle importou promover e amparar ós tránsfugas, con tal de quitarlle ilegalmente ó PP o que nos deron as urnas. A Evencio Ferrero nunca lle importou pasarse a Lei polo forro, e sigue sin importarlle. O que fan agora desde o goberno é a segunda edición, correxida e aumentada, do que antes facían na oposición: Sentencias sobre o monte das Saíñas ignoradas unha tras outra; regalo de bens municipais para comprar votos, contra o informe expreso do Secretario do Concello (Monte Neme); adxudicación de prazas de funcionario a dedo (arquitecto municipal); falsificación de certificados sin ningún recato (rúas Coruña e Hórreo); adxudicación a dedo do proxecto da Casa dos Oficios, tamén contra o informe expreso do Secretario; etc., etc..
Pediamos hai 5 anos a suspensión cautelar dos acordos que impugnábamos, posto que os perxuizos serían irreversibles, como así o foron. Esa era a finalidade do BNG, e conseguiuna. Os que cometeron este atropello deberan pedir disculpas por violentar a lei. Sabemos que non o van a facer, porque a súa táctica é tirar a pedra e agochar a man. Finalmente, a xustiza vennos dar a razón e pon a cada un no seu sitio.