28.1.06
Andrade culpa á Xunta da paralización do concurso do mercado
O día 24 Manuel Andrade facía as seguintes declaracións na Voz de Carballo, atacando á Xunta de Galicia pola paralización do concurso do mercado (aquí). O día 25 de xaneiro o PP de Carballo fai pública esta nota de prensa para poñer as cousas no seu sitio:
Dende o grupo municipal do PP de Carballo quere sair o paso das declaracións do Concelleiro de urbanismo cando coma sempre pretende xustificar a sua propia incapacidade culpando a outros e falando de “débedas históricas” sen asumir as suas responsabilidades e as do seu goberno.
Agora de novo son o PXOUM e maila Xunta os culpables de que teñan paralizado o procedemento do concurso do centro comercial da plaza do concello, cando esto non son mais que excusas e a realidade é que as cousas fanse mal ,con improvisación e sen o mais mínimo rigor.
O PP foi acusado de obstruccionista cando no pleno no que se aprobou o primero pliego do concurso, denunciamos que as obras non se poderían executar en tanto non existira a aprobación definitiva da modificación puntual e dende o goberno negaron esta afirmación decindo que se podrían ir adiantando parte dos traballos.
En calquer caso, independientemente da execución das obras, o Sr. Alcalde e quén de decidir convocar a mesa de contratación no momento que estime oportuno, non existindo obstaculos legais para poder continuar co procedimento establecido no propio pliego de condicións.
E inaceptable que se afirme publicamente que non se actúa por “non molestar os socios”. Creemos que xa é tempo de explicar cantas cousas se están tapando para que “os socios” esten tranquilos.
A única realidade é que unha volta mais estase a demostrar a profunda división e a falta de coordinación e a desconfianza que existe dentro do goberno, onde cada quén actúa pola sua banda.
O PP de Carballo está a favor de modernizar e mellorar o comercio e o mercado pero con un proxecto compartido por todos, respetuoso cos entornos públicos , que mellore o estado actual do entorno, e que non esté suxeto a intereses particulares.