9.12.05
O goberno municipal négalle a axuda a algunhas comisións de festas

Na rolda de prensa do pasado venres, Novas Xeracións denunciou tamén que o concelleiro de servizos se negara durante este verán a prestar a asistencia ás comisións de festas que, como sempre se viña facendo, solicitaron a colaboración do goberno municipal.
Este é o texto da nota de prensa:
AS FESTAS, DEIXADAS Á SÚA SORTE
De sempre o Concello de Carballo adicouse a axudar ás moitas comisións de festas que, con moito sacrificio e dificultades económicas, organizan os festexos parroquiais no noso concello. Ata que chegou o BNG, claro.
Este verán, o concelleiro de servizos negouse a prestar axuda a moitos dos que lle pediron a colaboración do Concello para a colocación e retirada das luminarias.
Ademais de non aportar nada, de vivir de rendas, e non saber xestionar o que recibiron, van en contra de moitos dos nosos veciños.
Novas Xeracións de Carballo
9 de decembro de 2005
O responsable de cultura, Antonio Mato, tamén se referiu ós moitos atrancos burocráticos que a concellería de cultura impoñía para o outorgamento de subvencións.