9.12.05

 

O BNG leva dous anos e medio sen xestionar o Pazo da Cultura que herdou do PP






O venres día 9 Novas Xeracións de Carballo deu unha rolda de prensa na súa sede, na que denunciou a forma de facer política cultural do BNG no goberno.
Este é contido da primeira parte da nota de prensa elaborado ó respecto:




O BNG NO PAZO DA CULTURA: 2 ANOS E MEDIO VIVINDO DE RENDAS, 2 ANOS E MEDIO DE INCOMPETENCIA


12 anos criticando:

Durante os 12 anos de goberno do Partido Popular en Carballo, o BNG adicouse a descalificar toda a política cultural que se levou a cabo. Nin as infraestruturas nin os contidos dos programas lles valían ós nacionalistas. Para eles “Carballo era un pobo morto culturalmente”.

2 anos e medio vivindo de rendas:

Vistas as cousas, moitos esperabamos que, chegado ó poder o BNG e coa concellería de Cultura, asistiriamos a unha auténtica “Revolución Cultural”. Pois ben, dous anos e medio despois, seguimos a esperar por esa revolución. Porque non temos escoitado nin nin unha soa idea nova e significativa aportada pola concelleira de cultura.

No apartado dos contidos, tódalas actividades: outono de Teatro, Mes da Música, Semana da danza, o Conservatorio, a Banda, a escola de idiomas, as actividades de Antroido ou de Nadal, o Verán Cultural, a programación continua do Pazo da Cultura, etc, ,etc, etc, son as mesmas que creou e deixou en marcha o anterior goberno.
E no apartado das infraestruturas, vacío absoluto. Hai que recoñecer que en vivir de rendas, igual que en facer propaganda, son uns expertos.

2 anos e medio de incompetencia:

O exemplo máis significativo da política dos nacionalistas é o Pazo da Cultura. Na segunda planta do edificio, construíuse toda unha serie de locais, co propósito expreso de ser empregados polas asociacións culturais do concello.
Dous e medio despois, e logo da insistencia de moitas destas asociacións, o Concello segue negándose a darlles acceso a estes locais. Hai xa máis dun ano, o grupo municipal do PP presentara unha pregunta no pleno por este asunto, e a resposta foi que “estaba pendente da redacción da ordenanza de uso”. Coñécese que a están redactando en verso.
Non só non se aporta nada novo, é que nin sequera son capaces de xestionar o que herdaron.


Novas Xeracións de Carballo
9 de decembro de 2005






<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?