27.12.05

 

O alcalde intenta apropiarse do mérito da iniciativa privada na pista de xeo



A semana pasada comezou a funcionar en Carballo unha novidosa instalación: unha pista de xeo no pavillón Bergantiños. Trátase dunha magnífica noticia, realizada gracias á iniciativa particular duns empresarios carballeses, que sen embargo ven afectada unha vez máis pola propaganda do goberno do BNG, que se tentou apropiar dunha iniciativa que non era súa. Atención á secuencia de noticias:
- A web do Concello lanza esta nova: pulsar aquí (Como vedes, non se menciona a iniciativa privada, todo é cousa de Evencio e Milagres Lantes)
- La Voz de Galicia saca isto: pulsar aquí
(el promotor de la idea, el empresario local...)
- A web do Concello segue atribuíndolle os méritos ó goberno: pulsar
aquí. (os empresarios simplemente "colaboran")
Esta manipulación da realidade dáse nunhas circunstancias de total carencia de iniciativas en materia de deporte por parte dos nacionalisas (pensade a ver se sodes capaces de atopar algunha). A pesar de que o deporte foi un dos cabalos de batalla do BNG durante os 12 anos de goberno popular, e de que ese grupo ostenta a concellería, nos 2 anos e medio que levamos de goberno tripartito, a acción de Ferrero nese terreo é absolutamente nula, se exceptuamos as pistas da zona escolar, cuxa construcción foi posible grazas ás xestións (criticadas no seu día) do equipo de Manolo Varela. A este respecto cómpre tamén lembrar que pese a que concellería de deportes recaía ata hai pouco en Periscal (ata a súa demisión logo do caso da súa vivenda ilegal), é “vox populi” que o verdadeiro concelleiro de deportes é o alcalde Evencio Ferrero.

E nestas circunstancias, diciamos, tivo que chegar a iniciativa privada (un 10 para eles) para suplir a nula iniciativa municipal. E a reacción do alcalde e da delegada provincial de deporte (carballesa e do BNG), en lugar de pedir desculpas e poñerse colorados por quedar en evidencia, é deixarnos a seguinte “guinda”, en declaracións a A Nosa Costa. Non resulta difícil atopar antecedentes desta clase de comportamento do alcalde carballés, aínda que quizá o máis significativo sexa o que amosamos aquí á esquerda (ver recrados colorados), a propósito do Pazo da Cultura ó que sempre se opuxo, ó que sempre votou en contra, e o que tentou paralizar.
Na parte negativa da noticia hai que indicar que, pese a que a pista foi recentemente inaugurada polo Secretarío Xeral para o Deporte da Xunta, vai ser clausurada o día 15 de xaneiro, e que durante estas datas os rapaces da escola Lubiáns e as persoas que usan normalmente este polideportivo van ter que desprazarse a lugares coma o vello pavillón da Grela (sí, aínda existe).





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?