17.12.05

 

"Coa praza non se xoga": toda a información sobre o proxecto do mercado e as propostas do PP

O sábado 16 de decembro o Partido Popular de Carballo presentou en rolda de prensa un novo número da súa revista "Carballo Popular" que trata sobre o proxecto do centro comercial da praza do Concello. A publicación mostra unha información completa e amena sobre os datos que se ocultan na propaganda oficial, e tamén as alternativas que propón o PP. Como consecuencia, solicítase a convocatoria dunha Consulta Popular, onde todos os carballeses poidan dar a súa opinión e decidir o futuro da súa praza.
Esta edición é unha primicia, e ademais aquí mostrámola a todo color, mentres que a edición en papel que se empezará a repartir en breve irá probablemente en branco e negro.
(Pulsando sobre as catro fotos poderedes ver toda a revista. Houbo que reducir un pouco a resolución para colgalas, pero pensamos que se deben ler ben. Tamén podemos remitir a revista por correo electrónico a quen nola solicite).





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?