22.12.05

 

Acordo entre Feijoo e Barreiro para presentar unha lista conxunta


Tal e como puidemos saber onte, Xose Manuel Barreiro e Alberto Núñez Feijoo alcanzaron un acordo para presentar unha lista conxunta ó congreso popular a celebrar os días 16 e 17 de xaneiro de 2006, onde se elixirá ó sucesor de Manuel Fraga á fronte do PP de Galicia. O acordo supón que Feijoo será o presidente do PPdeG e Barreiro o vicepresidente, aínda que polo de agora non trascederon máis datos. Este acordo pon punto final ó debate sobre a sucesión de Fraga, que contaba no seu inicio con catro aspirantes, logo de que Enrique López Veiga e Xosé Cuiña non reunisen os avais necesarios. O máis destacable foi ver cómo os negros augurios debuxados dende os outros grupos políticos, que aseguraban que o Partido Popular se partiría en trozos en medio de guerras internas pola sucesión, quedaron en nada. E tamén ver cómo se producía un apaixonante debate interno tanto nos medios tradicionais coma sobre todo na internet. Ó longo do proceso sucesorio apareceron toda unha lexión de páxinas web e bitácoras, unhas oficiais, e outras feitas por militantes, nas que saliron a relucir toda clase de opinións:
http://www.feijoo2006.blogspot.com, http://www.corunia.blogspot.com, http://libertadpp.blogspot.com, http://www.centroderechadigital.net, http://www.ppdeg.com, http://www.sucesion.net, http://www.nfeijoo.com, http://www.xosemanuelbarreiro.info
Aínda que quizais a idea máis orixinal aportárona os de ppdeg.com, cun concurso para elixir a MissPPdeG, no que daban a visión con máis sentido do humor da polémica das boinas e birretes.
Polo que toca ó noso concello, o Partido Popular de Carballo aportará 16 compromisarios ó congreso, e Novas Xeracións de Carballo fará o propio con 3.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?